Elias Taboada

Sobre Nós

Que o noso traballo nos avale é a mellor carta de presentación. O xerme do equipo próximo, profesional, versátil e de confianza que hoxe conformamos remóntase a comezos da década dos noventa, na que Elías, a persoa que lle dá nome, se inicia no oficio.

Aprendeu dende a base para continuar evolucionando e conseguir, dende 2020 baixo a fórmula de empresa, coordinar un cadro de persoal experimentado, resolutivo e moi empático que, xunto coa nosa clientela, conforma unha gran familia.

versatilidade

Elías Taboada destaca pola súa versatilidade. Estamos equipados para realizar traballos en diversas áreas. Isto inclúe desde o deseño de edificios ata a construción de estradas, pasando pola instalación de canalizacións e a construción de cimentos.

 

confiable

Os traballadores da industria da construción teñen unha gran responsabilidade de proporcionar seguridade aos clientes. Demostrar profesionalidade e competencia no traballo é importante para gañar a confianza dos clientes. A responsabilidade dos traballadores da construción tamén está relacionada coa eficiencia e o cumprimento do tempo no proxecto.

Profesional

Os construtores profesionais teñen a capacidade de crear e manter estruturas de construción de calidade superior. Os construtores profesionais teñen que obedecer as leis e regulamentos relacionados coa construción para garantir a seguridade e estabilidade dos proxectos.

Facer unha Galicia Bonita

O noso obxectivo é contribuír a materializar os proxectos dos nosos clientes, a “facer unha Galicia bonita”, tomando prestada a acertada expresión dun dos nosos clientes.

elias_taboada_1

Obra integral

Restauración

Obra Nova

Obra Civil

Instalacións Industriais

Instalacións empresariais

Servizos

elias_taboada_25

Estamos en Silleda. A nosa posición xeográfica estratéxica permítenos dar cobertura, non só a toda a área central de Galicia, por proximidade, senón a toda a comunidade autónoma.

O noso obxectivo é contribuír a materializar os proxectos dos nosos clientes, a “facer unha Galicia bonita”, tomando prestada a acertada expresión dun dos nosos clientes. Apostamos por materiais nobles e sostibles e estamos en constante aprendizaxe e modernización para adaptarnos ás últimas novidades do sector, sen esquecer o compromiso co medio natural.

Adaptámonos ás necesidades de cada cliente, ben sexan particulares, empresas ou institucións. Gozamos materializando os proxectos dos que confían en nós e iso só pode traducirse en resultados satisfactorios, para o cliente e para todo o equipo.

Galería