Elias Taboada

OBRA INTEGRAL E ALBANELARÍA

ELÍAS TABOADA

SOBRE NÓS

Que o noso traballo nos avale é a mellor carta de presentación. O xerme do equipo próximo, profesional, versátil e de confianza que hoxe conformamos remóntase a comezos da década dos noventa, na que Elías, a persoa que lle dá nome, se inicia no oficio.

Aprendeu dende a base para continuar evolucionando e conseguir, dende 2020 baixo a fórmula de empresa, coordinar un cadro de persoal experimentado, resolutivo e moi empático que, xunto coa nosa clientela, conforma unha gran familia.